Thursday 09 de May de 2024

Veciños e veciñas de Ordes continúan realizando o Camiño Portugués pola costa


Continúa o percorrido polo Camiño Portugués pola costa que están a realizar máis de cen veciños e veciñas de Ordes. Caldas de Reis – Padrón, de 18 quilómetros, foi a última etapa completada este pasado sábado. Sen dúbida as boas condicións meteorolóxicas axudaron a desfrutar deste traxecto onde a típica paisaxe galega de interior deixou a máis dun e dunha coa boca aberta. A próxima convocatoria está posta para o último sábado de mes, no que se completará o tramo Padrón – O Milladoiro.